CulturaCulturaÚltima hora

A maxia do mellor cinema de estrea chega a San Xoán de Río da man de Cines Verdi

O primeiro filme, 'La Primera Escuela', proxectarase o 18 de outubro

 

 

Este outono, a localidade ourensá de San Xoán de Río, con apenas 500 habitantes, contará cun novo espazo de cinema onde os seus veciños poderán gozar de películas en carteleira a un prezo reducido e así vivir a maxia do cinema sen necesidade de desprazarse a outras cidades.

A Casiña Azul, espazo municipal situado na praza Igualdade, acollerá os últimos títulos programados polos Cines Verdi, de tal maneira que se exhibirán unha selección de películas que foron proxectadas nas súas salas de Barcelona e Madrid.

O ciclo de estreas arrinca o sábado 18 de outubro cunha película idónea, La Primera Escuela, o novo título de Éric Besnard. O filme narra a historia dunha mestra parisiense (Alexandra Lamy) que se abre camiño pola campiña francesa rural para abrir a primeira escola nun recóndito pobo, levando educación a quen antes non tiñan acceso.

 

 

Esta iniciativa xorde para achegar as estreas e a cultura a poboacións pequenas, brindando a experiencia do cinema aos lugares máis afastados das grandes cidades.

O cinema en streaming que achega a gran pantalla á España rural

Grazas á tecnoloxía DCS, desenvolta por Gretico, as proteccións realízanse en streaming, sen necesidade de descargas nin soportes físicos. Isto permite proxectar estreas, clásicos, coloquios e eventos en directo de maneira áxil, segura e eficiente, reducindo horas de traballo, xestións e custos.

Con esta proposta, a gran pantalla convértese nun punto de encontro e lecer compartido, impulsando a vida social e cultural dos pobos.

 

Back to top button