
Durante a noite do xoves 18 de setembro, un brigadista que traballaba nas tarefas de extinción do incendio de Pantón, en plena Ribeira Sacra, tiña que ser evacuado por inhalación de fume, tal como informan dende o 112 Galicia. “Foi trasladado ata o hospital comarcal de Monforte, e xa foi dado de alta”, indican.
O incendio orixinábase na tarde de onte na parroquia de Pombeiro, en el concello lucense de Pantón, e a virulencia inicial do lume a súa proximidade ao núcleo habitado de Lornís obrigou a decretar a Situación 2 como medida preventiva de proteccoón á poboación. Nestas imaxes pode verse o lume no Sil, entre as presas de San Pedro e Santo Estebo.
Pola tarde-noite o fume chegaba ata Valdeorras.

Fotos cedidas.