
A maqueta do proxecto do futuro Centro de Interpretación e Recepción de Visitantes de Montefurado presentábase hoxe en Quiroga ante representantes do Concello, entre eles o alcalde José Luis Rivera, e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS). Este proxecto forma parte do convenio asinado entre a confederación e o Concello de Quiroga no pasado mes de maio e que servirá para dinamizar este zona.
Este centro construirase nun terreo xa adquirido polo concello quirogués. O proxecto total, que conta cun orzamento de 1.075.000 € – aportando a Confederación o 90% e o 10% o Concello de Quiroga- ademais do centro de interpretación, inclúe un sendeiro de 4 km, un miradoiro e unha pasarela sobre o río Sil, segundo adiantaba o presidente da Confederación, José Antonio Quiroga, durante a firma do convenio.
A CHMS ten en marcha outro convenio coas Universidades da Coruña e de Salamanca polo que está realizando un estudio sobre a situación da montaña de Montefurado, para obter un diagnóstico da súa saúde xeolóxica. Búscase así ter un diagnóstico o máis aproximadamente posible sobre o que está pasando nesta montaña, sabendo por exemplo porque se producen os derrubes dentro do túnel.
Fotos: RTM Quiroga.
