
O circuíto do Aguillón (A Rúa) converterase o vindeiro 12 de outubro en escenario do VII Campionato Xunta de Galicia Absoluto de campo a través por Remudas Mixto, tal e como vén de facer público a Federación Galega de Atletismo.
Esta proba será clasificatoria para o seu respectivo nacional. Os clubs interesados en participar, na fase nacional, deberán atender á publicación da circular na que se indique o prazo límite para a solicitude de praza. Cada club poderá participar cun equipocomposto por dous homes e dúas mulleresde categoría Sub 20 e/ou superiores.