OurenseÚltima hora

“Persoas”, iniciativa solidaria ourensá con Gaza para recadar fondos para Médicos Sen Fronteiras

Está promovida, entre outras persoas, pola neurocirurxiá Ana Pastor e a súa filla e neste sábado desenvolverá actividades en Celanova

 

Vén de poñerse en marcha na provincia o proxecto “PERSOAS”, unha iniciativa solidaria que recadará fondos para Médicos Sen Fronteiras de cara a facer fronte a dramática situación que se está a vivir en Gaza.”O colectivo ao que representamos ten como obxectivo reunir precisamente iso: a todas e todos os que se sintan persoas. Encantaríanos contar contigo, porque só coa presenza nestes actos de persoas de todos os ámbitos sociais, económicos, culturais e políticos se poderá dar a esta barbarie que sofre Palestina a transversalidade precisa para construír unha inmensa maioría que apoie e defenda, en todo o mundo, ás vítimas máis vulnerables, facendo da empatía, da compaixón e da exixencia á comunidade internacional dun alto ao fogo inmediato e da axuda ás vítimas un sentir común, lonxe de calquera confrontación polarizante ou paralizante”, din os promotores.

Neste marco, esta tarde está previsto un programa de actos en Celanova co título “Celanova 20/9” a partir das 17h. Incluirá unha chara coloquio a cargo da catedrática de Dereito Internacional Laura Carballo, que informarán sobre o que está a acontecer no ámbito da Xustiza Internacional e da ONU en relación co conflito. O seu relatorio levará por título “Vítimas infantís dunha barbarie chamada Gaza”.

Ademais, farase unha conexión en directo desde Valencia, con Raúl Incertis, médico anestesista que acaba de regresar tras pasar 4 meses no Hospital de Nasser. Será presentado pola neurocirurxiá Ana Pastor Zapata e tamén se entrevistará á xornalista de TVE Cecilia Fernández, seguido isto de debate e preguntas. No peche do acto terá lugar a lectura dun manifesto da man de Natasha Joti Penrose-Stevens Pastor, graduada en Relacións Internacionais e Máster en Xeopolítica e Estudos Estratéxicos xunto cunha muller palestina convidada ao acto.

Este colectivo tamén apoia unha campaña de recadación de fondos. Para Médicos Sen Fronteiras. A través da súa web (no enlace que se achega a continuación)
https://msf-es-influencers.yourbetternow.org/fundraisers/de-21-000-ninos-asesinados-stop-a-la-barbarie-de-gaza

As doazóns a través do LINK facilitado vai directamente á conta de Médicos Sen Fronteiras.

Máis información:

https://msf-es-influencers.yourbetternow.org/fundraisers/de-21-000-ninos-asesinados-stop-a-la-barbarie-de-gaza

Back to top button