
O Concello do Bolo segue intentando recuperar tradicións e nesta ocasión, faráo no marco do IV Centenario do Santuario das Ermidas/ As Ermitas coa celebración da I Romaría do Rosario prevista para o vindeiro domingo 5 de outubro, coincidindo coa celebración da advocación mariana, e co patrocinio do Ministerio de Reto Demográfico (Miteco).
O programa de actos comezará ás 11 horas coa apertura da I Feira do Rosario con produtos locais nun espazo con carpa (viño, mel, pan, bicas, artesanía,…) ademais de bar e pulpeiro con espazo para xantar, na Área Recreativa do Bibei nas Ermidas.

Arredor das 11:15 horas a compañía de teatro Platea Lúa representará, no adro da igrexa, a obra 400 anos: pedra, milagre e fe. Teatralización da orixe do santuario; e ás 12:30 horas haberá sesión vermú no espazo da feira con música tradicional a cargo de Abertal da Rúa.
Con respecto aos cultos, ás 9:30 horas haberá confesións; ás 10 horas misa dos enfermos; ás 13 horas misas solemne; ás 17:30 horas Santo Rosario; e ás 18 horas exposición do Santísimo.