Por todo o alto. Con música, sorteos, unha gran variedade de suculentos pinchos e unha ampla oferta de artigos, clásicos e moitos innovadores, inauguraba Mielectro Valdeorras-Bierzo.

Na tarde do luns 22 de setembro abría as portas, na Avenida do Bierzo Nº 52, un novo establecemento de referencia no comercio local do Barco de Valdeorras, no que se mestura a oferta tradicional de electrodomésticos e informática cunha sección adicada a videoxogos e artigos de colección, nun amplo local duns 400 metros cadrados.

A iniciativa está impulsada por Rafa Rodríguez, xerente de Eurotec Valdeorras e o seu fillo Darius, que estará á fronte do novo local no que podemos atopar dende electrodomésticos grandes e pequenos, telefonía ou informática ata unha zona específica gaming.
Pola mañá houbo sorteos varios con premios ata final de existencias; e pola tarde un gran sorteo presencial dunha Smart TV de 65″ ao que acudía moita xente tal como pode verse nestas imaxes cedidas.



Fotos: O SIL.