O Clúster da Pizarra de Galicia e a Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña (EUATAC), presentaron hoxe na cidade herculina, unha nova exposición que leva por título “Amosando a lousa”.
A mostra, composta por máis de vinte tipos de lousa e paneis nos que se poden observar diferentes formatos e formas de colocación deste material, en cuberta e fachada, así como por unha selección de libros técnicos, está situada no hall da planta baixa de dita escola universitaria, e permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 6 de outubro.
Coa inauguración desta exposición, ábrese a campaña de promoción do Clúster da Pizarra de Galicia, entre prescriptores de interese para o sector, á que seguirá unha xornada informativa prevista para o vindeiro 30 de setembro. Estas actividades completaranse cunha visita de alumnos e profesores da EUAT ao sector da lousa.
A exposición viaxará posteriormente á Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC), onde tamén está contemplada a celebración dunha xornada técnica e outra visita, que esta vez realizarán ao sector, alumnos e profesores desta universidade e de Formación Profesional en Edificación.