EconomíaEconomíaÚltima hora

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para participar na V Feira da Cervexa

Imaxe da anterior edición desta festa./ Foto: Concello de Verín.

 

O Concello de Verín vén de aprobar as bases de participación da V Feira da Cervexa de Verín, que se celebrará os días 10 e 11 de outubro de 2025 no Parque da Preguiza, consolidándose como un dos eventos referenciais do outono na comarca.

A cita contará cun amplo programa de actividades lúdicas e gastronómicas, ofrecendo un espazo de encontro no que cervexeiros nacionais e internacionais, establecementos de restauración e foodtrucks achegarán ás persoas visitantes unha variada proposta de sabores e estilos.

O horario de funcionamento será o venres e o sábado, de 18:00 a 02:00 horas. Durante esas dúas xornadas, o recinto do Parque da Preguiza converterase nun punto de ocio, convivencia e dinamización económica, reforzando a proxección turística de Verín.

Inscricións abertas ata o 29 de setembro

As persoas e entidades interesadas en participar poderán presentar as súas solicitudes ata o 29 de setembro de 2025, a través da Sede Electrónica do Concello de Verín (https://verin.sedeelectronica.gal). O prazo poderá ampliarse sempre que haxa espazos dispoñibles.

O custo da participación varía segundo o sector:

  • Distribuidores de cervexa: 500 €
  • Alimentación (espazo interior de 2,5 metros): 100 €
  • Foodtrucks (espazo exterior): 9,32 €/m² para os dous días

Entre os requisitos para participar inclúese dispoñer do carné de manipulador/a de alimentos, estar dado/a de alta no IAE e na Seguridade Social, estar ao corrente das obrigas fiscais e contar cun seguro de responsabilidade civil.

A organización lembra que os espazos serán asignados segundo os criterios establecidos nas bases, priorizando a variedade de produtos e a calidade das propostas.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar coa Oficina de Desenvolvemento Local (ADL) no correo electrónico adl@verin.gal ou nos teléfonos 988 410 000 e 691 57 5225.

 

 

Back to top button