
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) está levando a cabo traballos de restauración hidrolóxico-forestal nas zonas afectadas polos incendios do pasado mes de agosto. Os traballos que se realizaran na zona de Dominio Público Hidráulico (DPH), van encamiñados a evitar a degradación da calidade das augas; incidindo e priorizando as zonas próximas ás captacións de abastecemento, zonas con risco de inundación e zonas de especial protección ambiental”.
Nestes días, unha brigada traballa no municipio de Quiroga, para reducir os efectos da erosión e o transporte de chan fértil, xerando ao mesmo tempo microhábitats que permitan o desenvolvemento de vexetación futura, e igualmente, reducindo a carga de sólidos cara aos leitos principais”
“As actuacións – segundo o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga-, consisten na execución de fardos de ramas, suxeitas con troncos de madeira queimada, en zonas próximas a cavorcos e regatos; así mesmo, constrúense pequenos muros de retención con madeira queimada e pedras, todo iso axudará a frear o transporte de sedimentos, estabilizar o leito e as marxes, e diminuír a enerxía potencial da auga e, por tanto, o seu poder erosivo”.