OurenseÚltima hora

Eladio Santos, na posesión do tenente coronel Pablo Samaniego como Xefe do Quinto Batallón da UME

Cedida.

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, asistía hoxe á toma de posesión do tenente coronel Pablo Samaniego Pérez como xefe do Batallón de Intervención V da Unidade Militar de Emerxencias (UME), na Base Conde de Gazola. Fíxolle entrega do mando o tenente coronel Daniel Constantino Casado.

Eladio Santos felicitou ao novo xefe e desexoulle moitos éxitos no cargo. Tamén ofreceu o apoio da Subdelegación do Goberno en Ourense e da Delegación do Goberno en Galicia para todo o que precise.

O subdelegado agradeceu ao tenente coronel Daniel Constantino Casado o seo traballo ao mando do Quinto Batallón de Intervención da UME. “A súa entrega foi total e desde Ourense estamos eternamente agradecidos polo traballo que fixo para controlar os incendios do verán, amosando que a UME é un corpo profesional, preparado e necesario”, destacou.

 

Back to top button