CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A valdeorresa Andrea Velasco Da Costa actúa esta noite no concurso ‘Recantos’ do Luar, na TVG

Andrea Velasco Da Costa./ Foto: FB Luar.

 

No primeiro Luar deste outono na Televisión de Galicia, o concurso musical ‘Recantos’ vivirá o segundo duelo. Na noite deste venres 26 de setembro enfrontaranse Lu Pérez, o representante do recanto de Arousa e Andrea Velasco do de Ourense Norte. Ámbolos dous intentarán superar as puntuacións obtidas o venres pasado polas primeiras recanteiras en cantar desta edición XVI do concurso: Cris, recanteira por Lugo Sur e Mariana Navarro, recanteira por Fronteira de Portugal.

Trala presentación, cantando a capela diante das cámaras, a valdeorresa Andrea Velasco Da Costa estrearase no concurso da TVG. Será a segunda das recanteiras en subir ao escenario esta noite para, cantando en directo, intentar colleitar unha boa puntuación interpretando Só lle pido a deus.

Nesta edición forman parte do xurado: Nuria Lorenzo ‘A catedrática’; Manuel de Andrade ‘O malo’; e Boris Izaguirre ‘O dandi’ cuxa valoración se combina coas votacións do público, que resultan decisivas.

Os votos pueden realizarse de tres formas:
•    Por teléfono, chamando gratuitamente ata cinco veces ao número que aparecerá en pantalla.
•    Por WhatsApp, enviando “Voto Andrea” ao número habilitado, tamén ata cinco veces.
•    A través das redes sociais, comentando “Voto Andrea” nas publicacións oficiais de Luar en Facebook e Instagram.

O Luar empeza ás 22:30 horas e a actuación de Andrea será arredor das 23:30 horas.

Back to top button