EconomíaEconomíaÚltima hora

María Carmen Calvo, nova secretaria da CIG en Valdeorras, tras unha axustada votación

 

Por apenas 13 votos de diferenza resultaba elixida como nova secretaria comarcal da Confederación Intersindical Galega (CIG) en Valdeorras Carmen Calvo Gil na VI Asemblea que esta organización celebraba na tarde do 27 de setembro no edificio Multiusos do Barco.

Neste proceso electoral había dous candidatos. Así, ademais de María Carmen Calvo optaba ao cargo Ramón Porto. Emitíanse 215 votos, dos que 101 eran para Ramón Porto e 214 para Calvo. Despois, noutra votación, procedíase á elección da executiva que acompañará á nova secretaria comarcal.

Fotos cedidas.

Back to top button