
Novamente o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil) volvía encherse de público nesta fin de semana con motivo do último dos concertos do festival “Santa Cristina in música, un diálogo musical na Ribeira Sacra”.
Os asistentes puideron desfrutar da tiorba de Nacho Laguna, instrumento que é moi difícil que se vexa fóra dun conxunto, no que actúa como acompañamento. O artista formouse no CSMA, na Universidade de Artes de Berlín e na Escola Cantorum Bassiliensis de Suíza, ten realizado xiras por Europa, América, África e Asia, destacando actuacións en salas como o Teatro dos Campos Elisios a Opera de Tokío ou o Teatro Real de Madrid entre outros.

Nesta actuación estivo acompañado pola narradora María del Buey Cañas, que é artista e investigadora que traballa regularmente coa Asociación de Música Electrónica y Arte Sonoro de España e co Ensemble BellArte. En 2020 rematou o master no National College of Arts and Design de Dublín.
O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez agradeceu o público a sua presenza e tamén o apoio das institucións que colaboran, así como A Shelly Art a súa adicación e esforzo por traer a Parada de Sil artistas dde primeiro nivel mundial.
Fotos cedidas.
