ConcellosO BarcoÚltima hora

Ferido un ciclista tras impactar por detrás cun coche no centro do Barco

 

Na mañá deste mércores 1 de outubro producíase un accidente de tráfico no Barco de Valdeorras no que se vían implicados un coche e unha bicicleta.

Os feitos producíanse arredor das 12 horas na cénctrica rúa Conde Fenosa cando un ciclista impactaba por detrás co vehículo que ía diante del, resultando ferido.

Ata o lugar desprazábanse varios axentes da Policía Local do Barco, en coche e moto, así como unha ambulancia que trasladaba ao ciclista ata o hospital, moi próximo ao lugar do accidente.

 

 

Back to top button