O Concello da Rúa está inmerso no desenvolvemento de diferentes proxectos e obras, uns en previsión como a reforma das pistas de tenis ou o pavillón deportivo; outra xa rematadas como o formigonado na rúa O Soutio; e outras en proceso como a renovación dos contadores domiciliarios de auga ou a sinalización das zonas das beirarrúas nas que non se pode aparcar.
Tal como pode verse nestas imaxes, son varias xa as rúas nas que se está procedendo ao pintado de amarelo nas esquinas das beirarrúas.
Fotos: Mónica G. Bellver.