A Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) celebraba o 3 de outubro o acto de despedida da 17ª promoción de Policía Local, integrada por 92 novos axentes, e dos 31 da 11ª promoción da categoría de oficial. Entre os graduados estaba un novo policía local do Barco de Valdeorras.
A 17ª promoción de Policía Local que se preparou na Agasp conta con 92 axentes que superaron as distintas fases do proceso selectivo. Tras uns meses de formación teórica nos meses de verán realizaron prácticas nos seus concellos e veñen de rematar a parte teórica antes desta graduación para tomar posesión nos 32 municipios que convocaron prazas.
No mesmo evento tamén se fixo entrega das medallas ao mérito da Policía Local e dos distintivos de permanencia polos 25 anos de servizo. Nese senso, outros dous axentes da Policía Local barquense recollían a medalla ao mérito pola permanencia no servizo de 25 anos. Neste acto contábase coa presenza do alcalde do Barco, Aurentino Alonso.
Fotos cedidas.