DeportesEn portadaÚltima hora

O valdeorrés Mateo Valcarce, subcampión nos 3 km marcha no nacional Sub16 por federacións

Nesta mesma competición a súa compañeira no Club Adas Cupa, Paula Cela, quedaba décima

Mateo Valcarce (Club Adas Cupa), nas pistas de atletismo Luis Nogueira do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Novo podio nacional para o marchador valdeorrés Mateo Valcarce, que formaba parte da Selección Galega Sub16 que nesta fin de semana está a disputar o Campionato de España por Federacións Autonómicas, en La Nucía (Alacante).

O atleta do Club Adas Cupa do Barco lograba un segundo posto na proba dos 3 km marcha, cun rexistro de 13:18.08, só superado por Jorge Ruiz Gómez, cunha marca de 13:04.36.

Da representación galega en La Nucía tamén formaban parte outras dúas atletas, unha delas Paula Cela, que tamén competía nos 3 km, onde lograba unha meritoria décima posición cun rexistro de 16:32.82.

Ademais, Tania Peláez, en remudas, desputará a súa proba neste domingo.

 

Mateo Valcarce, Tania Peláez e Paula Cela./ Foto: Carlos G. Hervella.
Back to top button