ConcellosO BoloÚltima hora

Variedade de produtos locais na I Feira do Rosario, na área recreativa do Bibei, nas Ermidas (O Bolo)

 

Postos con viño, mel, pan, bicas, artesanía, xoiería, libros… participaban esta mañá na I Feira do Rosario organizada polo Concello do Bolo no seu afan por recuperar tradicións. Nesta ocasión facíao no marco do IV Centenario do Santuario das Ermidas/ As Ermitas no primeiro domingo de outubro cunha romaría coincidindo coa celebración da advocación mariana, e co patrocinio do Ministerio de Reto Demográfico (Miteco).

 

 

Nesta soleada mañá os postos con produtos locais abrían ao redor das 11 horas nun espazo con carpa na área recreativa do Bibei nas Ermidas no que tamén había bar e pulpeiro con espazo para xantar.

 

 

O programa incluía a representación por parte da compañía de teatro Platea Lúa, a obra 400 anos: pedra, milagre e fe. Teatralización da orixe do santuario; e o acompañamento musical da agrupación tradicional Abertal da Rúa.

 

 

Esta primeira edición da romaría contaba coa colaboración de voluntarios de varias agrupacións de Protección Civil, entre elas a do Bolo, A Rúa ou O Barco.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button