
As XXV Xornadas Micolóxicas do Club Montaña Trives desenvolveranse os días 31 de outubro, 1 e 2 de novembro. Ademais o día 8 31 ás 18:00 horas dará comezo o X concurso de tapa micolóxica, onde cada un dos 11 establecementos participantes poñerán á venda por 2,20 € unha tapa para a súa degustación. En cada un dos locais disponse de papeletas e urnas para que o xurado popular elixa a mellor presentación e a máis suculenta. As papeletas con 9 selos dos locais entrarán nun sorteo o domingo día 3 (cesta gourmet, kit completo de micoloxía, ceas para 2 persoas nos establecementos participantes etc..)
No referente ás xornadas, o día 1 levará a cabo unha charla no IES Xermán Ancochea Quevedo de Trivesa cargo da Asociación Micolóxica “Os Cogordos” para posteriormente saír ao campo en busca de exemplares. Unha vez finalizada a saída, montarase unha exposición no interior de patio do Pazo da Casa Grande Trives ata o domingo ás 18:00 horas. Durante todo o día seguirá o concurso de tapas.
O día 1 ao mediodía celebrarase a tradicional comida micolóxica gourmet no Restaurante La Viuda de Trives que consta de 4 pratos con diferentes variedades de cogomelos Premium e ten un custo de 40 € por comensal.
O día 2 ás 15:00 horas finalízase o X concurso de tapas, realizándose o reconto das papeletas para ás 18:00 horas no patio interior da Casa Grande de Poboa de Trives realizar a entrega de premios aos 3 locais máis votados en cada categoría, ao finalizar realízase o sorteo de premios ao xurado popular.

