
O Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco celebra un ano máis a campaña Magosto Obarcoaberto. Unha acción de dinamización que busca poñer en valor a tradicional festa do Magosto e ofrecer aos clientes unha campaña atractiva.
A campaña consiste na instalación dunha locomotora de castañas asadas na praza do Concello do Barco, onde os clientes poderán intercambiar tickets de compra mínima de 5€ dos establecementos asociados por un cornete de castañas asadas, totalmente gratis.
O Magosto Obarcoaberto do CCA O Barco celebrarase o venres 17 de outubro, de 10:30 a 13:30 e de 18:30 a 20:30 horas; e o sábado 18 de outubro, de 10:30 a 13:30 horas.
Os clientes só poderán entregar tickets actuais, é dicir, de compras realizadas eses dous días durante a celebración da campaña, e poderán presentar como máximo dous tickets por día.
