
A programación teatral do Concello do Barco de Valdeorras para o segundo trimestre comeza este sábado coa obra Trash!, de Yllana e Toom Pak.
Producións Yllana e Toom Pak únense para dar lugar a este espectáculo vital e enerxético sobre as posibilidades da reciclaxe a través da percusión, o movemento e o humor. Desenvólvese nun centro de reciclaxe de lixo, onde catro imaxinativos operarios dan novos usos a todo tipo de refugallos que chegan ao lugar, facéndonos reflexionar sobre o exceso de consumismo da nosa sociedade.
Bombonas de butano, paraugas, pelotas, caixas de ferramentas, bucinas, bolsas de lixo… Calquera elemento que cae en mans destes operarios, son transformados en vistosos números musicais cheos de enxeño e humor. Un espectáculo atractivo, cargado de son e de animación, apto para todos os públicos. O 11 de outubro ás 20:30 horas no Teatro Lauro Olmo.