Na mañá deste xoves 9 de outubro o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado da xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Sol Vázquez, participaba na 180ª reunión da Comisión Sectorial de Consumo, que nesta ocasión acolleu Galicia con motivo da conmemoración do 30º aniversario do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
No encontro, no que participaron representantes desta área de diferentes comunidades autónomas, abordáronse cuestións relacionadas coa mellora da protección das persoas consumidoras, a coordinación entre administracións e os novos desafíos derivados das transformacións do mercado.
Ademais, con motivo desta xuntanza, previamente celebrouse no Museo das Peregrinacións a xornada Novos retos en materia de consumo. Visión de futuro, organizada polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia, un espazo de reflexión e intercambio no que participaron asociacións e federacións de consumidores, así como profesionais e técnicos do sector.
