CulturaCulturaÚltima hora

‘O Parvo’ de Badius de Baio-Zas, este sábado na XVIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”

 

Continúa con boa asistencia de público a XVIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” que organiza Tiruleque Grupo de Teatro coa colaboración do Concello do Carballiño e a Deputación de Ourense e que comezaban na primeira fin de semana de outubro.

 

 

O sábado día 4 o grupo de teatro Pico do Castro de Foz interpretaba a comedia O mal do miolo; e o domingo día 5 eran os actores de Opaí Teatro Canido SRD de Ferrol os que recreaban coa súa obra De marzo a marzo, os sucesos do 10 de marzo de 1972 en Ferrol, sobre os que un rapaz ten que facer un traballo para a escola. Os máis vellos da familia recordan aqueles tempos de loita mentres o resto das personaxes, e eles mesmos, se enfrontan aos desafíos da vida actual. Tráatase dun diálogo constante entre o presente e o pasado, entre a comedia e o drama, entre a tenrura e a rabia. Un retrato actual das cousas que cambian co paso da historia e daquelas que parecen non mudar.

 

 

Este sábado, día 11 de outubro acudirá ao Carballiño o grupo de teatro Badius de Baio-Zas para presentar a comedia O Parvo, na que un grupo de amigos pretenden burlarse dunha persoa co gallo de agasallalo, e como toada esa maraña se volve contra eles.

Back to top button