
A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga xa ten data definitiva para a súa celebración, os días 14 e 15 de marzo. Así o decidiu a comisión organizadora nunha nova xuntanza.
A comisión organizadora, da que forman parte o Alcalde de Quiroga, José Luís Rivera, produtores de aceite e técnicos municipais, ademais do primeiro embaixador do aceite quirogués, o Chef Kike Piñeiro, do restaurante A Horta do Obradoiro en Santiago Compostela; reuniuse para analizar a pasada edición e comezar a perfilar a seguinte.
Sobre a mesa varios temas que se irán perfilando en próximas xuntanzas, pero marcadas xa a data de celebración que mantén a exaltación deste produto quirogués durante dous días e a continuidade dos congresos, que neste 2026 acollerá o seu “III Congreso do Aceite de Oliva de Quiroga”.