ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O Concello de Viana pídelle á veciñanza que escolla un dos festivos locais do 2026

As propostas iniciais da votación son: o venres 13 de febreiro, o venres 30 de outubro e o luns 2 de novembro

 

A través dunha votación popular o Concello de Viana do Bolo escollerá o segundo festivo local do vindeiro ano 2026. “O Concello de Viana do Bolo, ao igual que o resto de concellos de Galicia, dispón de 2 festivos locais ao longo do ano. De cara ao 2026 temos previsto fixar, como vén sendo habitual, o Mércores de Cinza (18 de febreiro) como un dos festivos locais”, indica o Concello.

É no caso do segundo festivo local no que esta administración local quere coñecer a opinión da veciñanza. “Para a elección do segundo festivo local, ao coincidir San Roque (16 de agosto) en domingo, queremos facer unha pequena sondaxe para coñecer as preferencias d@s veciñ@s entre tres datas alternativas”.

As propostas iniciais da votación son: o venres 13 de febreiro, o venres 30 de outubro e o luns 2 de novembro. Ademais, o Concello plantexa que se alguén quere propoñer algunha outra data, pódeo facer no apartado de comentarios.

O Concello chama a participación nesta votación que poderá facerse ata o martes 14 outubro, no facebook do Concello.

Back to top button