
A Asociación de Veciños de Torbeo (AVETO) e o Concello de Ribas de Sil organizan o I Día das Bruxas, unha xornada cultural dedicada a Filomena Arias, coñecida como “A Bruxa de Torbeo“, figura popular que marcou a memoria colectiva da comarca no século XX. Terá lugar o vindeiro sábado 18 de outubro de 2025, durante toda a xornada.
Así, ao longo do día celebrarase un programa completo que combina actividades divulgativas e académicas para afondar na vida de Filomena; a cargo de Carolina Martínez, herbeira e veciña de Torbeo, e o mestre e escritor local Manuel Cao. A programación inclúe visitas guiadas a lugares de Torbeo vinculados aos episodios máis significativos da súa biografía —entre eles, o exorcismo que lle foi practicado—, así como unha mostra documental na que se poderá ver, entre outros materiais, a copia da partida bautismal con anotacións realizadas polo crego da época, testemuño da sona que alcanzou.

As persoas que asistan teñen a posibilidade de compartir una comida popular, con reserva previa (antes do mércores).
O programa, completase coa entrega do premio literario Filomena Arias e, pola tardiña, magosto, queimada, gaitas e a actuación de Peitoescuro.
Filomena Arias foi coñecida dentro e fóra da bisbarra, chegando a inspirar a creación literaria, como no relato «A pauto do demo» de Ánxel Fole.