EconomíaEconomíaÚltima hora

Comeza o programa “Recorre Valdeorras”, que promove a Ruta do Viño de Valdeorras

 

A Ruta do Viño de Valdeorras puxo hoxe en marcha a primeira das actividades do programa “Recorre Valdeorras” levado a cabo polos guías de Valdeorras é Viño enoturismo. A responsable da actividade de hoxe por parte de Valdeorras é Viño enoturismo, Keto Anjaparidge, explicou que os 18 participantes recorreron pola mañá un tramo do Camiño de Inverno dende Pumares a Sobradelo e despois recibiron explicacións da historia da Ponte Nova de Sobradelo. Apunta Keto Anjaparidge que os visitantes provintes de diferentes partes de Galicia disfrutaron do paseo e das explicacións que se lle foron dando.

A continuación fixeron visita na Adega Roandi para coñecer a súa historia e viños. A comida foi no Paladium e pola tarde farán visita as covas de Arcos e coñecerán os viños das adegas Viñaredo e Dberna nunha cata. A actividade rematará cunha visita guiada á torre do Castro.

 

 

A próxima actividade de “Recorre Valdeorras”, programa apoiado por Turismo de Galicia, farase o dia 8 de novembro por terras do Bolo, Petín e Larouco e xa non hai prazas dispoñibles.

Fotos cedidas.

Back to top button