DeportesÚltima hora

A barquense Inés Docampo, campioa provincial absoluta de cross, e o Adas ganador masculino por clubs

O tamén valdeorrés Alejo Ares lograba unha terceira posición nesta competición celebrada na Rúa este domingo

 

Destacados resultados valdeorreses na XLII Copa Deputación de Ourense de Atletismo en campo través, cuxa final se disputaba esta mañá no circuíto do Aguillón, na Rúa. Por equipos en categoría absoluta masculina impoñíase o Club Adas Cupa, xa que copaba os tres primeiros postos do clasificación individual: Emilio Pérez ganaba a carreira (cun rexistro de 21:42 nos 6 km de percorrido), seguido de Iván Roade e do valdeorrés Alejo Ares.

Na absoluta feminina, proclamábase campioa provincial a tamén valdeorresa Inés Docampo (Unicaja), cunha marca de 24:47.  A segunda atleta en cruzar a meta era María Ángeles Rodríguez (Atletismo Arenteiro) e na terceira posición facíao a barquense Ana García (Adas Cupa).

Valdeorras seguía sumando podios na carreira das categorías Sub18 e Sub16 (cun percorrido de 2,1 km), onde vencía o Sub16 Mateo Valcarce (Adas Cupa) e quedaba subcampión Eloy Fernández (Adas), mentres o que terceiro en chegar a meta era Eloy Fernández (CD La Purísima).

Ademais o Adas sumaba unha nova vitoria en Sub14 da man de David García e un segundo posto con Irina Sánchez. En Sub 12 Gael Couce (Adas) era segundo, Paula Crespo tamén segunda e Lucía Crespo, terceira.

Finalmente, en Sub10 impoñíase Lucas Paradelo e Mario Pais era terceiro e Antía Rodríguez situábase terceira, todos eles do Adas.

Fotos cedidas.

 

Back to top button