Especialmente igualada reñida resultaba o VII Campionato Xunta de Gaicia absoluto de cross por remudas mixta que se celebraba a partir das 12:45h. deste domingo 12 de outubro no circuíto do Aguillón, na Rúa. Seis equipos (con catro atletas cada un, 2 mulleres e 2 homes) competían polo título e non era ata o derradeiro relevo cando se decidía o ganador, logo de moita igualdade entre o Club Adas Cupa e a Sociedade Ximnástica de Pontevedra.
Finalmente impoñíase a Sociedade Ximnástica, que vencía cun rexistro de 21, e revalidaba así o seu título da pasada edición. O seu equipo estaba formado por Carlos Porto, María Carballido, Paula De La Torre e Pedro Osorio. A segunda posición, polo tanto, a prata correspondíalle ao Club Adas Cupa do Barco, no que corrían Alberto Moral, Iván Roade, Loreto Pacho e Sara López. Completaban a proba nun tepo de 21:04.

A terceira posición era para o Club Atletismo Sada, equipo integrado por Ignacio del Buey, Jimena Saiz, Julia López e Ricardo Negrete.
Este campionato ademáis, era clasificatorio para disputa do Campionato de España que se levará a cabo o vindeiro 23 de novembro en Atapuerca.
Fotos: A.R.
