DeportesKárateÚltima hora

Dous bronces para o KC River Stone O Barco, no Galego Cadete, Júnior e Sub-21 de karate celebrado en Ferrol

 

Preto de 200 karatekas de toda Galicia participaban o sábado 11 de outubro no Campionato Galego Cadete, Júnior e Sub-21, correspondente á tempada 2025-2026 e celebrado no Pavillón Municipal de Esteiro, no Ferrol (A Coruña).

Entre eles, varios membros do Karate Club River Stone do Barco de Valdeorras que realizaban unha boa actuación destacando as medallas de bronce de Brian Rodríguez Carballo, 3º en Kata Cadete Masculino; e Aina Moral Castro, 3ª en Kata Cadete Femenino.

Nicolás Rodríguez Domínguez e Diego Prada Rodríguez lograban o 5º posto en Kata Cadete Masculino. O mesmo que Cloe Yáñez González en Kata Cadete Femenino.

Fotos cedidas.

Back to top button