
A Policía Xudicial da Garda Civil de Verín detiña ás 18.30h. de onte no Hospital de Verín a un veciño de Feilas-Vilardevós, como presunto autor de tentativa de homicidio. “Os feitos ocorreron ás 16.00 horas nunha vivenda de Feilas onde o agresor de 63 anos agrede ao dono da vivenda de 65 anos que recibiu 23 puñaladas e foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense con prognóstico grave”, segundo informa a Garda Civil.
O agresor autolesionouse presuntamente nunha man por iso foi trasladado ao Hospital de Verín.