OurenseÚltima hora

Heredeiros da Crus actuarán na ‘Noite de Medo’ de Ourense, o 31 de outubro

Heredeiros da Crus no SilFest Valdeorras 2025, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A cidade de Ourense prepárase para vivir unha nova edición da súa xa tradicional ‘Noite de Medo’ que se desenvolverá o venres, 31 de outubro, cunha programación chea de propostas para todos os públicos. O evento, plenamente consolidado no calendario festivo, combinará actividades para o público infantil e adulto, animación de rúa, música en directo e espectáculos que converterán a cidade nun auténtico e divertido escenario de terror.

A programación inclúe obradoiros de cabazas e maquillaxe para a cativada, túnel do terror, desfile, un concerto infantil e o espectáculo “Chaioso de Medo”. O broche final será o concerto do grupo de rock galego Heredeiros da Crus, seguido dunha sesión especial da Gramola, que prolongará a festa até a madrugada.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, destacou a consolidación desta cita como un referente no panorama festivo nacional. “Xa é un clásico e o mellor Halloween de toda España. Comezamos a potenciar esta celebración en 2019 e, tras o parón da pandemia, reforzámola ano tras ano. As edicións de 2021, 2022, 2023 e 2024 foron un éxito e este 2025 volverá selo”.

 

Back to top button