DeportesÚltima hora

A XVIII Carreira por Montaña Canón do Sil, en Parada de Sil, celebrarase o 19 de outubro

 

Esta mañá tiña lugar a presentación da XVIII Carreira por Montaña Cañon do Sil, a decana de Galicia e que se desenvolve en Parada de Sil, que se celebrará o vindeiro 19 de outubro con tres modalidades. A máis dificultosa é a de 33 quilómetros, cun ndesnivel acumulado de 2.220 m e para a que a día de hoxe están inscritos 80 corredores. Entre eles figuran os mellores de Galicia tendo en conta que é a última proba da VI Copa Xunta de Galicia, onde aínda hai posición que decidir.

A carreira mediana presenta un percorrido de 17 quilómetros e xa ten inscxritos a máis de 100 participantes, rematando a proba os xuvenís e cadetes con 7 quilómetros na que están isncritos 20 participantes.

Son todas probas moi duras e pasan por unhas paisaxes espectaculares nesta época do ano, reforzadas pola caída da folla que poderán disfrutar os participantes nos tramos entre viñedos e entre soutos de castiñeiros milenarios.

No acto de presentación da carreira estiveron presentes Carlos Bericat, coordinador de Deportes da Xunta de Galicia; Antón Vázquez Presidente do Clube de Montaña Ribeira Sacra, e o alcalde do Concello de Parada de Sil, Aquilino Domínguez que agradece a presenza dos anteriore así como a continuadade carreia por montaña máis antiga de Galicia.

Back to top button