En portadaÚltima hora

A D.O. Ribeira Sacra pecha a vendima con 4,6 millóns de quilos de uva e con boas perspectivas para os viños

 

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechaba a vendima 2025 o día 9 de outubro cun total de 4.617.965 quilos de uva recollidos entre 83 adegas. A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas, que acadan os 3.552.736 quilos, coa Mencía como variedade maioritaria. As uvas brancas suman 1.065.229 quilos, destacando o peso do Godello.

Un ano máis, o Consello Regulador agradece “o traballo do sector vitivinícola e reafirma o seu compromiso coa transparencia e a calidade”. Ademais este órgano sinala que “a campaña conclúe con boas perspectivas para os viños que nacerán desta colleita, reflexo do esforzo e da singularidade da Ribeira Sacra”.

  • Variedades tintas: 3.552.736 kg
    • Mencía: 3.194.480 kg
    • Garnacha: 91.284 kg
    • Brancellao: 75.155 kg
    • Merenzao: 49.889 kg
    • Caiño: 26.416 kg
    • Grao Negro: 790 kg
    • Mouratón: 7.454 kg
    • Sousón: 90.783 kg
    • Tempranillo: 16.485 kg
  • Variedades brancas: 1.065.229 kg
    • Albariño: 61.893 kg
    • Godello: 924.869 kg
    • Treixadura: 56.766 kg
    • Branco Lexitimo: 9.317 kg
    • Dona Branca: 8.637 kg
    • Loureira: 2.719 kg
    • Torrontés: 938 kg
    • Caiño Branco: 90 kg
Back to top button