O vindeiro sábado, 18 de outubro, ás 20 horas terá lugar na Fundación Vicente Risco, en Allariz, o Concerto III correspondente ao XI Ciclo de Música de Cámara Carmen Fernández coordinado por Brais González.
Actuará o Coro de cámara Rías Baixas. Trátase dunha formación non profesional que busca a excelencia musical. Desde a su presentación en 2014 realizou máis dun centenar de concertos, interpretando obras fundamentais do repertorio coral en colaboración con orquestas destacadas como a Orquestra Vigo 430 e la Real Filharmonía de Galicia. Organiza regularmente concertos de produción propia para difundir obras de compositores galegos e promover novos solistas. Colabora con Amigos da Ópera de Vigo así como con Caspervek Ensemble. Leva a cabo interpretaciones a capela nos concertos organizados por ACOPOVI. Participa en destacados festivais musicais e está comprometido en enfrentar música coral para o público en diferentes escenarios.
