OurenseÚltima hora

Falece unha muller de avanzada idade tras ser atropelada en Xinzo de Limia

 

Na noite de onte, pasadas ás 21:10 horas, producíase un accidente de tráfico á altura do quilómetro 200 da N-525, no municipio de Xinzo de Limia. Unha persoa era atropelada.

“Nese momento, un particular contactou co 112 Galicia e explicou que unha muller saíra despedida cara á beiravía. Aos poucos minutos chegaron os bombeiros do parque de Xinzo, que sinalaron a posibilidade de que a persoa estivese falecida”, segundo informa o 112 Galicia.

No operativo tamén participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Xinzo. Os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da muller, segundo os datos feitos públicos polo 112 Galicia.

Back to top button