A campaña Magosto Obarcoaberto, promovida polo Centro Comercial Aberto (CCA) xa está en marcha. Dende as 10:30h. deste venres 17 de outubro estanse a repartir cornetes da saborosas castañas asadas.
A campaña consiste na instalación dunha locomotora de castañas neste céntrico espazo do Barco, onde os clientes poderán intercambiar tickets de compra mínima de 5€ dos establecementos asociados por un cornete de castañas asadas, totalmente gratis.
O Magosto Obarcoaberto do CCA O Barco celebrarase este venres 17 de outubro, de 10:30 a 13:30 e de 18:30 a 20:30 horas; e o sábado 18 de outubro, de 10:30 a 13:30 horas.
Os clientes só poderán entregar tíckets actuais, é dicir, de compras realizadas eses dous días durante a celebración da campaña, e poderán presentar como máximo dous tickets por día.
Fotos: A.R./ Carlos G. Hervella.
