CulturaCulturaÚltima hora

Sober retomará polo San Martiño a celebración das festas suspendidas polo incendio

Será os días 7, 8 e 9 de novembro e haberá varias actuacións musicais, o torneo de Catán, a visita dos Bolechas e unha paellada xigante con magosto

 

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence a capitalidade, as Festas do Carme que tivo que suspender por mor do incendio que afectou á localidade o pasado 19 de setembro.

En concreto, haberá tres xornadas de festa, os días 7, 8 e 9 de novembro.

Venres día 7

O venres día 7 ás 12:00 horas Os Bolechas visitan o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme co seu espectáculo ‘O Gran Reto’. Ás 20:00 horas vaise celebrar o II Torneo de Catán.

Pola noite, a partir das 22:00 horas será a actuación da Orquestra Olympus.

Sábado día 8

O sábado haberá misa solemne ás 12:00 horas e ás 14:00 horas paellada xigante e magosto co acompañamento musical do dúo Charada.

Ás 21:00 horas fará o primeiro pase a Orquestra Los Coleguitas e ás 23:30 horas o segundo. Ás 22:00 horas haberá un concerto de Roi Casal.

Domingo día 9

A celebración arranca co pasarrúas a cargo da Banda de Música de Sober.

Ás 13:00 horas haberá misa presidida polo bispo da diocese de Lugo Alfonso Carrasco e acompañamento musical do Coro Berea.

Ás 14:00 horas concerto vermú coa Banda de Música de Sober.

Ás 21:00 Espectáculo ‘A Historia da Verbena Galega’ coa Orquesta La Oca Band e o humorista Manuel Manquiña.

Fotos cedidas.

 

Back to top button