
Querido compañeiro:
Sei que o 17 de outubro foi un día importante para ti, e non quería deixar pasar a oportunidade, de transmitirche o meu máis profundo e sinceiro agradecemento, polo tempo que compartimos. Vexo a emoción contida, pola pena que sentes de deixar unha institución que te acompañou durante tantísimo tempo e o desconcerto por descubrir esta nova etapa, que moito anhelamos, pero quizais ti, con certo pavor.
Ter un propósito no día a día, fai que o sentido de toda esta comedia nos entreteña con maior ou menor graza. Pero quizais para min, neste acto que compartimos, sorprendeume o talento e a profundidade da túa persoa. Podo afirmar, a pesar da túa caracterización, que es unha persoa tremendamente xenerosa; un pouco dispar nos teus argumentos, pero ninguén pode ser perfecto. Non o tomes a mal!
Por último, reitero: grazas, grazas por permitirme coñecerte e por demostrarme que as diferenzas son máis curtas cando un ten vontade de dialogar; de que os extremos, poden ser próximos e que os discursos xerados por terceiros, non nos deben afectar porque xa nos coñecemos. Por achegarme ideas que puideron completar os meus ideais; por ser xeneroso coa xente que realmente necesitou dos teus labores; por ser un cretino cando en realidade eras un brando (aínda sigo sen entender esa actitude). Grazas por darme outra perspectiva de que pode haber negociación, aínda que non pensemos igual, e finalmente grazas por ser un compañeiro onde só hai adversidade, e iso é o que sempre valorarei.
O EMIGRANTE
De volta a casa, a miña equipaxe alixeira
Esa maleta antes chea, agora apenas pesa
Pero o corazón treme, e este se se enche,
Cada vez que volvo e achégome á miña terra.
Un abrazo,
Asinado: As túas veciñas