
Cunha mañá de auga e vento, celebrábase neste 19 de outubro a XVIII Carreira por Montaña Canón do Sil, última proba puntuable para a Copa Xunta de Galicia. Na cita tomaban parte, entre as tres modalidades, mais de dous centos esforzados corredores e corredoras.
Na carreira absoluta, cunha distancia de 33 km con 2.220 metros de desnivel acumulado, o ganador era Adrián Rodríguez de Ourense e campión da Copa de Galicia. En segunda posición entraba Yago Breijo e na terceira Federico Losada.
Na proba feminina sobre a mesma distancia dominaba a ourensá Tamara García, cun crono de 4:08:18, sendo o segundo posto para Lucía Peón e o treceiro para Rita Fernandez.

Dende a organización, tanto o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez como o Clube de Montaña Ribeira Sacra (liderado por Antón Vázquez), informaban de que durante a carreira non se producía “ningunha incidencia salientable” e agradecen “o esforzo da veciñanza para cubrir os postos de avituallamiento, así como dos voluntarios de Protección Civil, co vecino de Parada José Ángel á cabeza, que hai pouco distinguido como voluntario do ano en Galicia”.
Fotos cedidas.