
O IV Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia – Ribeira Sacra reunía a unha corentena de cociñeiros das catro provincias, nunha edición que consolida o certame como cita de referencia da hostalería galega. O Mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos, converteuse no escenario dunha intensa xornada culinaria que contou coa participación dos mellores representantes da cociña en miniatura de Galicia. Entre aromas, texturas e sabores, o certame coroou aos gañadores da súa cuarta edición, consolidando á provincia de Ourense como epicentro da innovación gastronómica galega.
Samuel Moreno do restaurante O Campanario, en Nogueira de Ramuín, Ourense, é o gañador do Campionato de Tapas e Petiscos de Galicia – Ribeira Sacra 2025 coa súa creación ‘Lume na Terra‘, “un bocado meloso de marrón glace con costela desmechada, unha proposta irresistible que combina intensidade e equilibrio en formato reducido. Unha creación que une sabor, practicidade e elegancia nun só xesto gastronómico. Pensada para gozarse nun ou dous bocados, destaca pola súa facilidade de servizo en barra, permitindo unha elaboración áxil e cómoda tanto para o equipo como para o cliente”, segundo explica a organización do certame. O cociñeiro recibiu unha dotación de 1.500 € en produtos do Grupo Hermi, líderes en carne de coello, un estoxo de Povarelo con complementos para preparar un gran vermú e un diploma acreditativo.
Os segundos clasificados foron Judicael Romero e Alberto Fernández do Hotel Restaurante Pallabarro, situado en Allariz, Ourense, con ‘Morriña’, un bolo preñado de tendóns confeitados, coláxeno afumado, demi-glace de tuétano de vaca vella loura galega e un toque crujiente de po de torrezno. O premio, un vale de 1.000 € en produtos de Ibercook Food Service, foi entregado por Gabriel Nogareda, chef comercial de Congalsa. Os trofeos ao campión e ao segundo clasificado foron entregados por Rosendo Fernández, deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde.
A terceira mellor tapa de Galicia elabóraa Javier Salgado, da Tula, en Vigo, Pontevedra. O seu ‘Tartaleta de salmonete’ é un bocado que combina mar e terra sobre unha base crujiente de millo galego, cunha royale de fígados de salmonete e manteiga, coroada con lombos marinados, un merengue de laranxa que achega frescura cítrica e un toque final de crujiente de castaña. José Antonio Blanco, alcalde de Esgos, fixo entrega do trofeo; Martín Touceda, de CienPorCel, produtores de embutidos artesanais de porco celta criados en liberdade, outorgou un premio de 500 € en produtos; e Gerali Rodríguez, directora de Comunicación da Academia da Tapa, fixo entrega do diploma.
Recoñecementos especiais
O campionato, organizado pola Academia da Tapa e o Pintxo de España, repartiu máis de 3.000 euros en premios, grazas ao apoio das empresas patrocinadoras e colaboradoras.
Máis aló do tradicionais ouro, prata e bronce, a gran diversidade de propostas gastronómicas foi recoñecida nun total de 11 categorías especiais
Mención Especial do Xurado
Adrián Pérez e Alejandro Merlán de Café Vanessa situado en Ferrol, A Coruña, recibiron a mención especial por ‘Bico Atlántico’. Ambos gozarán dunha experiencia inmersiva en MEGA e unha vivencia cervexeira única xunto a Estrela Galicia. O premio entregoullo Jose Luis Rodríguez, responsable de Estrela de Galicia en Ourense.
Premio á Innovación
A tapa máis innovadora é ‘O canto do galo’ unha tapa de aproveitamento de todas as partes do galo celta de Rubén González á fronte do Cafetín de Pontevedra, a quen llo deu Ángeles Rodríguez, delegada de Campari España, entregou o galardón xunto a un lote de produtos.
Premio a Tapa Glute Free
Un galardón que destaca a combinación de inclusión, técnica e excelencia gastronómica. O premio foi outorgado a Beatriz Alcalá, da Zapatería do Avó, restaurante situado en Ourense, por tápaa ‘Brazo Atlántico’ e entregado por José María Álvarez, director comercial de Legufrut.
Mellor maridaxe con Estrela Galicia
Martín Fernandez, de Bágoa Gastrobar, en Ourense, recibiu o premio de mans de Juan Jardón promotor de Hijos de Rivera por ‘Afouteza’, un takoyaki elaborado con algas de portomuiños e shiitake deshidratadas, este bocado fusiona tradición xaponesa e produto galego.
Premio á Tapa Más Sostible
Distingue a proposta máis creativa e comprometida coa sustentabilidade, o produto local e a contorna. O galardón foi outorgado a Braise Gómez, do Restaurante Trespés situado en Monforte de Lemos, Lugo polo seu ‘Tartaleta de filloa de castaña’ e entregado por José María Álvarez, director comercial de Legufrut.
Premio á Tapa Más Tradicional
Recoñece o bocado que mellor representa a esencia da gastronomía galega. Foi outorgado a Alejandro Martínez e Mar Lago, do establecemento BaceLo, en Ferrol, A Coruña pola súa tapa ‘Os Polos Opostos’. Entregado por Adrián Elizechea, de RSM Rational Ibérica.
Premio á Mellor Tapa con Marisco
O galardón foi outorgado a Luis Romaní de Restaurante Frouma, situado no Pereiro de Aguiar, por ‘O Viveiro’, unha homenaxe ás mariscadoras de Carril que recibiu de Alba Camiña, responsable de márketing de Mariscos Alumar.
Premio á Mellor Tapa Maridaxe con Povarelo Vermut
O galardón foi outorgado a Gerson Iglesias xefe de cociña en Eurostars Vila de Allariz Hotel & Balneario situado en Allariz, por “Rexurdir”, que rende homenaxe aos montes queimados e a todas as persoas que loitaron por apagar o lume, simbolizando o renacer tras as chamas.
Premio Ronsel Do Sil á Mellor Tapa Maridaxe con Viño Rosado D.O. Ribeira Sacra
O gañador é Jorge Vázquez do restaurante O Pozo de Cambre, na Coruña polo seu ‘Aguachile de Robaliza’. Concedéronllo Felipe Pérez-Somarriba e María José Yravedra, propietarios da adega Ronsel Do Sil, fixeron a entrega.
Premio Regina Viarum á Mellor Tapa Maridaxe con Viño Branco D.O. Ribeira Sacra
O galardón foi outorgado a Renzo Herrera, de Arraigamento, situado na Coruña con ‘Punkirraigo’ de mans de Fernando Andrés Haramoglis, delegado comercial da adega Regina Viarum.
O Premio Don Bernardino á Mellor Tapa Maridaxe con Viño Tinto D.O. Ribeira Sacra foi outorgado a Jesús Recouso, de Kozy Bistró, situado en Pontevedra por ‘Empanadilla celta’ e entregado por Diego Rodríguez, quinta xeración de Don Bernardino.
Esta cuarta edición do Campionato de Tapas e Petiscos de Galicia contou coa colaboración do Concello de Lorca (Región de Murcia), Confeitería Milhojas, Pan de Cea, Club Santo Domingo, Hitcooking Gastromagazine e as asociacións de cociñeiros Cociña Ourense e Amigos da Cociña Galega.