
Este sábado 25 de outubro, no marco das Xornadas Gastronómicas que o Restaurante Pazo do Castro (O Barco) celebra durante o mes, a sala de conferencias acollerá unha conferencia impartida polo biólogo e divulgador Juan Delibes de Castro sobre “A caza no século XXI, consecuencias dos incendios forestais”.
Fillo do escritor Miguel Delibes, Juan foi investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas, en concreto no Museo Nacional de Ciencias Naturais, no que se graduou. Amante da caza e da pesca por tradición familiar, a súa traxectoria profesional ha estado vinculada a elas e á conservación da natureza. En relación con esta, colaborou con distintos proxectos como os da Fundación CBD-Hábitat para a conservación do lince, aguia imperial, voitre negro e cegoña negra, ou os vinculados á pesca, como a limpeza do río Sela de chumbos de pesca.
A conferencia no Pazo do Castro será ás 19:30 horas seguida dun viño de Valdeorras. As prazas son limitadas e poden reservarse no teléfono: 988 347 423.