Dobre cita para pechar o mes de outubro no Bar O Callejón, en Viana do Bolo. A primeira, o Magosto, será o sábado día 25 a partir das 19 horas e contará con foliada, actuación de Dj Tariro e merenda con bullotes caldo, bolo preñado, bica, café viño/ auga/ refrescos por 10 euros (entradas anticipadas).

A segunda, o Samaín, será na seguinte semana, o venres 31. Ese día haberá mercadiño, pinchos, truco ou trato, o bosque encantado, a santa compaña, agasallos e pintacafras gratuíto. Tamén haberá un concurso de difraces con agasallos para os tres mellores; e un divertido xogo “atopa os amuletos para protexerte da Santa Compaña e conseguirás premios ao instante”, avanzan dende o local de hostalaría vianés.
