
A Asociación de Familiares de Personas con Discapacidad Intelectual de Valdeorras, Asfaval, vén de celebrar eleccións, renovando a xunta directiva por catro anos máis.
Mantense a anterior con Julio Pérez Franco na presidencia e o resto de cargos igual, sumándose dous novos vogais, pasado de un a tres, ata un total de sete membros.