Ás 11h. deste sábado cobraba vida o Samaín Obarcoaberto cunha programación completa e variada, e dirixida a un público familiar e infantil. A inicaitiva está promovida pola Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco desenvolverase ao longo deste 25 de outubro en tres escenario: a praza do Concello do Barco, a sede do CCA (no Viveiro de Empresas) e o pavillón vello do Barco.
A campaña Samaín Obarcoaberto conta co seguinte programa de actividades:
SÁBADO DÍA 25:
– Horario de 11:00 a 13:00 horas
Obradoiro infantil. O equipo de Artesanía Cousanosa guiará aos participantes nun obradoiro creativo no que elaboraran un “CUBO TERRORÍFICO” que se levará a cabo no Viveiro de Empresas.
Para poder participar no obradoiro será obrigatorio realizar unha inscrición previa, do 20 ao 24 de outubro, na oficina do Centro Comercial Aberto situada no Viveiro de Empresas presentando un tícket de compra por importe mínimo de 10 euros e de compras realizadas durante o prazo de inscrición, dalgún establecemento asociado. O prazo de inscrición ábrese o luns 20 de outubro ao venres día 24 en horario de 09:00 a 14:00 hs no Viveiro de Empresas.
Máximo 25 prazas para nenos a partir de 4 anos.
Fotocall, Fotomatón e Pintacaras. Na Praza do Concello instalarase unha carpa onde haberá un Fotocall, Fotomatón e Pintacaras en horario de 11:00 a 13:00 h.

– Horario de 19:00 a 21:00 horas
Fotocall, Fotomatón e Pintacaras. Na Praza do Concello instalarase unha carpa onde haberá un Fotocall, Fotomatón e Pintacaras en horario de 19:00 a 21:00 hs.
En horarios de 19:30 horas en primeiro pase e 21:00 horas en segundo pase, no pavillón vello estará instalado o túnel do terror para nenos/as, novos e adultos.
Para poder acceder será necesario entregar un tícket de compra (dos días comprendidos entre o 20 de outubro e o 25 de outubro) dalgún establecemento asociado por importe mínimo de 5 euros polo que terán acceso un adulto e un neno (menor de 12 anos). Sen ticket de compra a entrada en despacho de billetes sería de 5 euros por persoa. Co diñeiro recadado en despacho de billetes sortearase un vale ou vales de compra (dependendo da cantidade recadada) na campaña de Nadal.
*Colchoneta. Se o tempo o permite instalarase unha colchoneta na Praza do Concello.
Recoméndase aos participantes na campaña Samaín Obarcoaberto vir disfrazados para gozar moito máis da experiencia.
Fotos: cedidas e A.R.
