Na tarde deste sábado 25 de outubro abríase no pavillón municipal da Rúa a liga galega de tiro con arco en sala, coa primeira xornada organizada por Arqueiros do Sil coa colaboración do Concello que notaba con 131 inscritos.

Trala recepción de arqueiros e entrega de dorsais, celebrábanse as tandas de adestramento e revisión de material antes de dar comezo á competición en arco espido, arco tradicional e long bow nas categorías U15 (Menores de 14 anos), U18 (Cadetes) e Sénior, homes e mulleres.


Mañá pola mañá, a partir das 10 horas será a quenda das modalidades de arco recurvo e arco composto para as categorías 50+ (Veterano), Sénior, U21 (Júnior) e U18 (Cadete).
De Arqueiros do Sil compiten nesta primeira proba da liga, Zoe e Nerea Castro Pérez (U15), Juan Manuel Rodríguez Fernández (50M)e Luisa María Ríos.



Con esta proba volve a competición de tiro con arco a Valdeorras. A seguinte cita será a finais de novembro no Barco, co Trofeo Federación.
Fotos: Mónica G. Bellver.