CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Curso sobre Intelixencia Artificial para a sociedade, en novembro na Aula da UNED A Rúa

 

UNED Ourense organiza, por primeira vez na Aula de Extensión Universitaria da Rúa, un curso sobre Intelixencia Artificial para a sociedade. Cun amplo abanico de temas a tratar, durante dous días explicarase como a IA pode servir de apoio a nivel educativo, laboral e mesmo na vida diaria.

Esta actividade que se celebrará o 14 e 15 de novembro, vai dirixida a todos os interesados en achegarse ao mundo da IA desde unha perspectiva ampla, integradora e moi completa, fundamentada na experiencia dos relatores.

“Hoxe, sobre todo a nivel laboral, é de obrigado cumprimento estar ao día neste tipo de procesos, os cales nos van a permitir a automatización de tarefas, nalgúns casos a mellora da eficiencia e produtividade, potenciar a innovación e a creatividade, axilizar a toma de decisións etc. tratando á vez o seu uso desde o punto de vista
ético, os seus riscos e lexislación” “, aseguran dende a UNED.

 

 

Empezando pola súa historia e a súa evolución, tipos de IA, definición e lexislación, o curso irase enfocando en aplicacións a nivel laboral e sobre todo, educativo. Os relatores contan con ampla formación e experiencia en impartir cursos sobre Intelixencia Artificial. Fina Paulos Lareo- Profesora de ensino secundario na especialidade de Informática e e Óscar Manuel Rey Calo, Profesor de ensino secundario na especialidade de Sistemas e Aplicacións Informáticas, ambos exercen a súa profesión no IES Maximino Romero de Lema (Zas-A Coruña) e figuran entre os dez profesores finalistas dos Premios Educa Abanca Mellor Docente de España 2025.

O curso consta de 8 horas lectivas e poderá seguirse de modo presencial ou en liña, ben en director ou en diferido. As prazas son limitadas. Información do programa na web da UNED.

Back to top button