
A dirección provincial do Partido Popular de Ourense vén de expresar, mediante un comunicado de prensa, “o seu respecto pola decisión do xulgado número uno do Contencioso Administrativo, que acordou suspender a tramitación da moción de censura que se ía debater mañá no Concello de Manzaneda”.
Destaca o PP que se trata de “medidas cautelares por defectos de forma, polo que en tanto sexan solucionadas continuará adiante coa moción de censura, na que o candidato á alcaldía é o actual portavoz popular, Pedro Yáñez Salgado, apoiado pola concelleira do PP Verena Yáñez Álvarez e os edís non adscritos Miguel Domínguez Hervella e Antonio Núñez Estévez, ata xullo nas filas do grupo socialista”.
Así o PP provincial asegura que “en todo caso, a decisión xudicial non supón ningún tipo de referendo á postura política do PSOE, insiste a dirección do PP, xa que só entra en cuestión formais e non de fondo. A moción de censura só ten como causa a situación de inestabilidade xerada no Concello de Manzaneda, como consecuencia da escisión no seno do grupo socialista, a marcha de dous dos seus concelleiros e, polo tanto, a ingobernabilidade derivada da minoría do alcalde”.