EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeira Sacra, en Gastrónoma (Valencia) con 13 referencias no “Túnel do Viño”

 

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participaba os días 26 a 28 de outubro na feira Mediterránea Gastrónoma, que se celebra en Feria Valencia. Gastrónoma é un dos principais puntos de encontro do sector da gastronomía e da hostalaría, tanto a nivel nacional como internacional, con espazos dedicados a produtos, formación, experiencias de viño e contacto directo entre produtores, distribuidores e profesionais do canal Horeca.

A D.O. Ribeira Sacra acudía ao evento dentro do formato expositivo “Túnel do Viño”, con 13 referencias seleccionadas, co obxectivo de facilitar a degustación e a promoción dos viños elaborados baixo esta denominación.

Durante a feira, a directora técnica do Consello Regulador, Beatriz Soto González, atendeu ás persoas visitantes profesionais, ofrecendo información detallada sobre as particularidades dos viños da D.O. Ribeira Sacra, así como do territorio vitícola que os sustenta.

Ademais, no marco da feira, realizáronse dúas presentacións específicas, de 45 minutos cada unha, dirixidas a 24 consumidores finais por sesión:

● 26 de outubro – Cata Degustación de Viños da D.O. Ribeira Sacra, en colaboración con Daveiga. Esta actividade foi impartida pola directora técnica, Beatriz Soto González, e nela presentáronse os valores da denominación: a súa tradición vitícola, as condicións de produción, e pechouse cunha cata comentada das seguintes referencias:
○ Tinto Ribeira Sacra Summum (colleita 2024)
○ Branco Ribeira Sacra Summum (colleita 2024)
○ Tinto Ribeira Sacra Summum (mención elaboración en barrica)

● 27 de outubro – Galicia Sabe AMAR: Mexillón de Galicia, en colaboración coa DOP Mexillón de Galicia. Esta sesión foi impartida polo chef Marcos Cabanas, do Restaurante El Olivo (Narón, A Coruña).

Con esta iniciativa, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra busca “reforzar a súa presenza en feiras especializadas, estreitar vínculos con distribuidores e prescritores do sector, e achegar a súa oferta vitícola a un público especializado que valora a singularidade e a calidade dos viños desta denominación”, tal e como indican dende este organismo.

Back to top button